mércores, 21 de outubro de 2015

Boa Onda en Monfero, no Grelo Folc

Como non, no Grelo Folc, a Troba do Bugallo estaba no seu caldo.

Boa xente, boa onda, boas vibracións. Cada vez nos gustan máis as sesións vermú.

Mostrando WP_001223.jpg







PENSABAMOS QUE NOS IAMOS XA...
Mostrando WP_001225.jpg
Despois do concerto, Chus, que tamén é da Asociación de Amigos do Mosteiro, deixounos pasear as salas da Basílica central. Esas bóvedas. Eses teitos, esas xirolas...

Alí, anque pareza mentira, repetimos case todalas cancións do concerto, e outras, Cantando A CAPELA.
A experiencia foi tan alucinante, que cremos que temos que repetila.

martes, 13 de outubro de 2015

Orgullosos do noso, avanzar xunt@s é posible

Mostrando 20151010_195605.jpg
Co deseño de Seijas, un detalle chulo deses que se gardan no peto do coraçao.
Pasamola ben, e a choiva non nos arredou.
VAnessa e as súas pandereteiras tamén estiveron por baixo dos soportais.

Pero ainda non temos o VIdeo Oficial do GRELO!   A seguinte, anque chova....

martes, 6 de outubro de 2015

Imos estar no San Froilán Asociativo 2015, e vós?

Xa dende xa fai uns anos, o activo movemento asociativo lucense tén unha cita propia no San Froilán.
Preséntanse as súas actividades, campañas, e hai algun concerto como o de Tinta Rebelde o ano pasado, para pechar.

Aló estaremos, e IMOS FACER GRAVACIONS PARA OS VIDEOCLIPS DA TROBA.


Sábado Dia 10,a Troba entrará pola tardiña, polas 19 horas na fin de festa.
http://i2.wp.com/amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2015/09/San-Froil%C3%A1n-asociativo1.png

mércores, 30 de setembro de 2015

ALÁ IMOS CO NABO AO GRELO



martes, 29 de setembro de 2015

ANTES OU DESPOIS DA FESTA

No Clavicembalo de Lugo é sempre un gusto e unha honra tocar. Pasan moitos grupos por alí, e a xente tén algo ḿais ca orellas.
E indo un mércores, arriscando, foi un gusto velo cheo e coa xente máis pintada aplaudindo e cantando.

venres, 18 de setembro de 2015

o mércores 23 no CLAVI a rachar a pana

O mércores, polas 22h  (OLLO)

Temos a Pana preparada
Temos a Percusion preparada  (o gran sabio MAKA vén ás Percusións)
Temos a Pandeirada preparada (a pandeira é de Maka tamén)
Temos o Grelo preparado

Vente que te preparamos a ti tamén!

domingo, 13 de setembro de 2015

Un mondo en Mondoñedo


Gorxas, instrumentos, beberaxes, e papeo.
Menudo panorama. Mais entretido que a Panorama. E un panorama de todo o país da xente que lle gusta tocar e cantar e bailar.
Que viva. E que volva

Parece que xa temos percusionista
(segue o acertixo)

No Clavi o 23 precisamos reforzos

.. e en vez da cabalería apareceu o veterinario...

¿Quen será?

(acertixo)

Sara de Lea nos fixo a fotiña de portada

Mira que chulo.
Nós iamos quentando as gorxas con aquelo de Pol, Pol, Polinización...

Era a sesión vermú, claro, e pintaba o sol...

luns, 7 de setembro de 2015

En Meira bailan muiñeira, e @s de Pol bailan a Polka

O día 5 houbo festiña en Mosteiro de Pol coas amigas de POLKA.

BAilamos

Taḿen estaban as CAntareiras de Pol, e XAORA.

BAilamos, cantamos, vimos teatro, artistazas etc etc

E que medre

venres, 21 de agosto de 2015

Volviendo a POLKA


En Pol; o 5 de septiembre.

No primerizo festival estivemos coas gaitas de palla e bailando e cantando.

E neste estaremos facendo cantar e bailar nas tabernas e onde faga falta

A 15 min. de Lugo

domingo, 28 de xuño de 2015

Letra do NABO NABIZA GRELO

XA que a xente a está a empezar a cantar por aí, esta é a versión oficial"

Aquí estamos os galegos,
para loubar a esta hortaliza,
¿que faría o noso pobo,
sen semente de nabiza?

NABO NABIZA GRELO, Nabo Nabiza Grelo, Nabo Nabiza Grelo, ESE É O GRAN SEGREDO
GRELO NABO NABIZA...2   e 3 .... é o segredo da Galiza
GRELO NABIZA NABO,..  2 e 3 ... é un segredo do carallo

Esta é nosa tradición,
do noso campo galego,
 é coma una relixión..
 o nabo-a-nabiza-e-o grelo
NABO NABIZA GRELO...
A nosa flor da nabiza
 ten o campo amarelado,
cando lle florece o grelo,
´´e que está contento o nabo
NABO NABIZA GRELO...
Que festa facer o caldo,
 comer a lacoada,
cantan garbanzo e chourizo,
 baila o grelo coa pataca.
NABO NABIZA GRELO
Esta é nosa economía,
 da fame nos vai quitar,
 non teremos gasolina,
pero si industria nabal...
NABO NABIZA GRELO... ou cimo..

No Chiringuito dos Castros -Ribadeo 27 sábado

Estivemos na inauguración de verán do Chiringuito dos Castros, con Diego, Tere, Gerardo, Esteban e compaña, graciñas por invitarnos.
Bo ambiente, cervexa fresca, pulpo e churrasquiño.
A carpa jaima case parece Ibiza ...

Tivemos una tarde de sol, que tiraba o nordés, e quedou una noite estupenda para compartir.

Xa nas probas de son tivemos a un youtuber de 7 anos, que sabediós!


O repertorio vai mallándose, pero como todo depende do público, podedes vir a máis actuacións porque nunca nunca vai ser igual. O flamenco non se descarta, anque a Troba vai trovar a 4 voces, e vai a haber enerxía a eito


Saúde,e  viva a Mariña Lucense!

O Nabo nabiza grelo sae de Festival Celta


Da man da nosa amiga Vanesa e de Josito, o Nabo Nabiza Grelo colle vida propia, disposto a facer mover o cú a quen queira báilalo.

Esto será en Bogo, o 3 e 4 de xullo, cando nós estaremos nas Pontes...

Subiremos fotos, que nolas han mandar

xoves, 18 de xuño de 2015

DE LEA EN FONMIÑA


(si señor@s, o Simón está tocando unha GAITA DE PALLA)


 
 
E Sara, de Lea, tocando o pandeiro feito por ela
ESto foi no ENCONTRO DE XOGOS POPULARES DE XOTRAMU en Muimenta, onde empezamos o ano pasado a facer gaitas de palla, pallóns, frautas de cana,  e Bugallos ocarina




Xuntamonos en Muimenta
unha tropa de carallo
pra furar unhes bugallos
temos boa ferramenta
pra facer un bo burato
ai lalelo ai lalelo,,,

Onde din que nace o Miño
comencei esta tonada
pra cantar nas foliadas
foi na beira do camiño
argallando cunhas pallas