martes, 21 de abril de 2015

A Troba do Bugallo presenta ... o 24


De non ser o venres  podería ser outro día, pero xa temos máis gaña de caldo ca de vacacións.

O Cartel está feito con cariño e espabilación por Santi Cabarcos de Prelo

Férvelle o caldo nen@!!

sábado, 18 de abril de 2015

Anatomía de Grely


     Era unha vez unha semente ou naviña (ou vai con b eu que sei). Bótase a puñados na terra, engadíndolle uns restos de esterco superficial nos campos recén arrincadas as patacas.
     A nabiña fai medrar unha pranta de follas que se chaman nabizas, tan boas para o caldo e para ter nutrintes e polifenoles eses das cremas e das pastillas.
     Cando xa hai nabizas, --ou sexa despois de ser nabiza--, fórmase  a raiz ou nabo, ou carolo, ou cabezolo. Para a xente é bravo de comer, pero as vacas (marelas), porcos e aves góstalle comer esa frescura no inverno no que nada había, salvo farelos (que é coma comer muesli a pau seco...)...
    A Nabiza tira pra riba por un virillo, que crea cichos, que son follicas pequenas, ricos e tenros. Pero como di a copla "amoriño non despreces ao pobre por non ter que o rico pode faltare e o pobre non te ha querer".  
    Pero para que se dea a medrar hai que escochar a planta ou capala a rente do nabo. Tamén se escochan os grelos arriba, para que non dean sacado a fror. Eles queren, pero claro, para acompañar ao lacón e ao chourizo, non hai nada coma os grelos. Bon, non discutamos, que todo son gustos... Á xente de Lea gústanlle ben...
    Vai tirando arriba, e cando xa chega a Primavera (co Antroido) hai  un tempo que vai agromarlle unha flor, pero ese gromo é rico en non sei cantos antioxidantes dos de antes. E eso é o grelo. Bueno, aqui as mozas lucenses chámanlles cimos. Bon, o cimo tamén é o que sae antes do virillo, ou "facerlle o cimo ao nabo", bon... á nabiza, ou vaia.. á pranta en si.
     E cando ves as hortas amareladas polo marzo e abril, pois son polas frores das crucíferas estas, antes de dar a semente nunhas vaiñas coma xudías, e daí sae a nabiña. E volta a empezar.



Entón temos que a pranta ésta da catro froitos ou aproveitamentos: nabo, nabiza, grelo (e flor ... porque a beleza tamén aproveita)

 
Ondiá, entón xa non é a Trinidade Galega, é CUATRIBANDA!!



A TROBA

Hai xente que di
 "Xente de aldea tropa do carallo"
Pero se todos temos aldea...
--xa non digo a man 
senón nos propios pés--, 
que nos queda? ¿saltar para bailar 
coma se nos baleasen 
nas películas 
de vaqueiros? 
Pero se nós somos o pais do millón (estimado) de vacas!!

Quen quere ir máis aló, salvo para dar unha volta?

O que queda é menear-se


TROBA: disque é a composición escrita para ser cantada. Pois ....


"Cuba, que bonita es Cuba"... que din @s gaiteir@s de Lugo




Un bolo no Café de Elia o 24 venres

O café de Elia, xusto a 50 metros da porta de S pedro ou toledana
rexentado por Miguel e máis Elia, ofreceunos facer un caldo con GRELOS, e máis cancións.

Nós non nos botamos atrás, que temos moita fartura... e algo de fame todo sexa dito...



VENRES 24, polas 9,30, botamos unhas cantiguiñas



MOVENDO OS MARCOS!

ARDELLLE O CALDO!

Pero que carallo son os Grelos, mi madriña

Como dicía o trobador:

"unos dicen de aqui otros dicen que allá,
 y yo solo quiero dicir, solo quiero CANTAR..."



-Os expertos en g-astronomía din que os grelos non son nabizas.
-Outros din que é a hostia, que hai que aproveitar ata a auga da cocedura.
-Os da rexión de interior tamén di que é a Trinidade
-O que os científicos lle chaman: BRASSICA RAPA  (Pois non temos nin secciòn de Brass, nin imos facer Rap, e de raparnos... a Campodoso...!)

"y no importa la suerte que corra a esta canción"
 Voume partir en dous... e que viva Cuba

@s creador@s do nabo...



Estabamos cos personaxes do Nabo Nabiza e Grelo, na gravación do videoclip.

Sairon:
-O paisano que tén que tratar cos maleantes intermediarios (algo maleante tamén é el, que canta rumbas na taberna cos compais)
-O cura lambón, que quere a súa parte (fotógrafo, etnografo e pirógrafo)
-A paisana que os vai vender (e tén que lidiar coa autoridade civil e sanitaria)
-A nena do acordeón (a única esperanza da familia)


-