mércores, 21 de outubro de 2015

Boa Onda en Monfero, no Grelo Folc

Como non, no Grelo Folc, a Troba do Bugallo estaba no seu caldo.

Boa xente, boa onda, boas vibracións. Cada vez nos gustan máis as sesións vermú.

Mostrando WP_001223.jpg







PENSABAMOS QUE NOS IAMOS XA...
Mostrando WP_001225.jpg
Despois do concerto, Chus, que tamén é da Asociación de Amigos do Mosteiro, deixounos pasear as salas da Basílica central. Esas bóvedas. Eses teitos, esas xirolas...

Alí, anque pareza mentira, repetimos case todalas cancións do concerto, e outras, Cantando A CAPELA.
A experiencia foi tan alucinante, que cremos que temos que repetila.

martes, 13 de outubro de 2015

Orgullosos do noso, avanzar xunt@s é posible

Mostrando 20151010_195605.jpg
Co deseño de Seijas, un detalle chulo deses que se gardan no peto do coraçao.
Pasamola ben, e a choiva non nos arredou.
VAnessa e as súas pandereteiras tamén estiveron por baixo dos soportais.

Pero ainda non temos o VIdeo Oficial do GRELO!   A seguinte, anque chova....

martes, 6 de outubro de 2015

Imos estar no San Froilán Asociativo 2015, e vós?

Xa dende xa fai uns anos, o activo movemento asociativo lucense tén unha cita propia no San Froilán.
Preséntanse as súas actividades, campañas, e hai algun concerto como o de Tinta Rebelde o ano pasado, para pechar.

Aló estaremos, e IMOS FACER GRAVACIONS PARA OS VIDEOCLIPS DA TROBA.


Sábado Dia 10,a Troba entrará pola tardiña, polas 19 horas na fin de festa.
http://i2.wp.com/amigosdopatrimoniodecastroverde.gal/wp-content/uploads/sites/19/2015/09/San-Froil%C3%A1n-asociativo1.png