luns, 23 de maio de 2016

Clavicembalo , o venres 27

O venres, en deferencia á clase traballadora e ás persoas con proxenie, tentaremos empezar antes das 12 e non rematar despois das 2.


Estamos quecendo motores...

luns, 16 de maio de 2016

Sen patente de corso

As músicas populares do mundo teñen perdido moita da súa polifonía natural.
Alan Lomax (pai e o fillo) observaban que por todo o mundo as sociedades xerarquizadas solían primar aos solistas, e as sociedades colaborativas dispuñan de polifonía.

A Troba do Bugallo coincide nese espíritu popular e comunitario (e por iso nunca cantamos nada igual ;)

Este video, sacado de Etnomusic, sobre o canto corso, é moi indicativo (tén subtitulos)


E un dos representantes dese canto corso, A Filleta, lémbranos aos nosos TREIXAdura, xa veredes por que.

E estes I Muvrini, que moitos coidan que son pouco puros, máis pop, fan esto con Terra


xoves, 28 de abril de 2016

Presentar presentarei, loguiño de clarear

Parece que chegou a primavera

como dicía Manuel María:

"Nace a primavera para ser muiñeira"


Estaremos con María, na Casa de Manuel María, o 15 de maio

Estaremos no Clavi, a casa dos músicos de Lugo, o 27 de maio

E parece que haberá un CD para ofrecervos

venres, 4 de marzo de 2016

2ª sesión de gravación no estudo de Abrigueiro

O estudo de Arturo Vaquero está no lugar de Abrigueiro, parroquia de Guimarei, en
Friol, Lugo.

Un proxecto con cariño polo lugar onde hai raices

O frío faino fora, e dentro é un cálido e preparadísimo estudo.
O LK está moi bó, fai unhas mesturas rápidas para ir encaixando todo no sitio e darlle unha visual rápida.

Pasa todo a velocidade, e cando te das conta xa pasou a tarde.



Se cadra quedamos alí un ano e medio, e  a ver...

xoves, 3 de marzo de 2016

Mercado de Primavera e as zocas en Ferreira de O Valadouro

Empezar a primavera en Ferreira , calzando as nosas zoquiñas... fantástico

Estamos coa ilusión dun pais que teñen unha criatura e a levan a todos lados, coma se empezase o mundo cada día.


23 horas do día 19 de marzo, sábado... son vacacións para a xuventú estudante

Como dicía o vello Jai Jai de Bergantiños: QUE VIVA A JUVENTU, e QUE NON MORRAN OS VELLOS!



O video das zocas tuneadas é alucinante, algo para ver :

domingo, 21 de febreiro de 2016

Na Repichoca repartimos grelos

Parece ser que a dous días do concerto xa viron o video 983 persoas.
Que terá o grelo...

Simón lanzou os grelos entre o público, recollidos na leira de Luis e Pili

A xente di que gravemos dunha vez as cancións e que as rexistremos...

Mami que será o que tén o grelo.....

mércores, 10 de febreiro de 2016

Mira que somos de Entroido



Temos novo recorrido de Antroido 2016, e polo tanto , novas estrofas para cantar na canción de despedida do Antroido.

Cantarémolas na Repichoca o venres 19 de febreiro se duda cabe, para compartir coa xente a nosa paixón pola festa máis cachonda..  e espiritual do ano.




Desfile en Viana, con moitos Fuliòns

Bonita de Sande-Cartelle- 1/2 hora de Ourense
Laza inmisericorde

Obrigad@s coa Pita das Eiroás

Non podemos menos que sentirnos agradecid@s de ter participado un ano máis na Voda e festa da Pita das Eiroás.
Xa o ano pasado se cantou o Nabo Nabiza Grelo, e este ano poidemos facer concerto no Domingo oleiro no café cultural  Auriense.

Nesta ocasión tivemos un apoio en ZZ top... o mestre Isá.. ben tamén estaba Orlando...

luns, 1 de febreiro de 2016

Xoves de Comadres en Lugo, na Taberna do Rei

No Sur da Provincia de LUGO  faise moito Entroido de Comadres e Compadres.
  (En Sober reclamaron Republica Independente, en Ribas Altas de Monforte un do SEPRONA case o queiman...)

Xa nin vos conto en OURENSE ...



Desta volta imos  facer unha de Comadres na capital lucense, con múusica, bonecas, disfraces. Alí iremos a Troba do Bugallo con formación Melódica...




Lembrade que os mozos teñen que ir de rapazas.

Polas 9 da noite empeza a cousa, facendo Comadres.




Na  Taberna do Rei (de Rober), fronte ao Conservatorio de Lugo, fondo da Ronda das Mercedes



VIVAN OS COMPADRES"!!!!!

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Cartel da Troba no cafe Cultural Auriense

Sobre o deseño de Santi " de Prelo" Lois fíxonos este cartel para a actuación na Auriense.
En breve teremos outro co careto do Maka.

Tamén puidemos facer a nosa OLA!!!

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Imos de Guateque de ENTROIDOS na Auriense

Unha honra para nosoutr@s actuar o domingo 31 en Ourense.

Amáis será no clube cultural  Auriense, presidido nos 60s por Otero Pedraio, logo polo Carrabouxo e hoxe referencia como sala de concertos da Capital ourensá.

Será un guateque festeiro de inicio de Entroido.
Imos primeiro ás 4 mover as olas ás Eiroás, e logo baixaremos polas 20.30 á praza do Correxedor, centro pleno da marcha ourensá.

Estaremos coa Comisión e Amig@s da PITA DAS EIROAS, e se SEIXALBO


Tamén estaremos seguramente coma o ano pasado na representación da Voda da Pita (con TRALLA SATIRICA a tutiplén), o martes de Entroido ás 13h, magnífica hora para darlle unha volta aos entroidos de Ourense e sur de Lugo

venres, 15 de xaneiro de 2016

AGARDAMOS UN FELIZ 2016

Temos moita gaña de pasala ben neste 2016

Xa temos unha bebita no grupo que xa escoitou tódalas cancións na barrigola

E xa estamos argallando concertos para armala neste final do inverno.



En breve, a XIRA REVOLTA DE GRELOS