sábado, 18 de abril de 2015

Anatomía de Grely


     Era unha vez unha semente ou naviña (ou vai con b eu que sei). Bótase a puñados na terra, engadíndolle uns restos de esterco superficial nos campos recén arrincadas as patacas.
     A nabiña fai medrar unha pranta de follas que se chaman nabizas, tan boas para o caldo e para ter nutrintes e polifenoles eses das cremas e das pastillas.
     Cando xa hai nabizas, --ou sexa despois de ser nabiza--, fórmase  a raiz ou nabo, ou carolo, ou cabezolo. Para a xente é bravo de comer, pero as vacas (marelas), porcos e aves góstalle comer esa frescura no inverno no que nada había, salvo farelos (que é coma comer muesli a pau seco...)...
    A Nabiza tira pra riba por un virillo, que crea cichos, que son follicas pequenas, ricos e tenros. Pero como di a copla "amoriño non despreces ao pobre por non ter que o rico pode faltare e o pobre non te ha querer".  
    Pero para que se dea a medrar hai que escochar a planta ou capala a rente do nabo. Tamén se escochan os grelos arriba, para que non dean sacado a fror. Eles queren, pero claro, para acompañar ao lacón e ao chourizo, non hai nada coma os grelos. Bon, non discutamos, que todo son gustos... Á xente de Lea gústanlle ben...
    Vai tirando arriba, e cando xa chega a Primavera (co Antroido) hai  un tempo que vai agromarlle unha flor, pero ese gromo é rico en non sei cantos antioxidantes dos de antes. E eso é o grelo. Bueno, aqui as mozas lucenses chámanlles cimos. Bon, o cimo tamén é o que sae antes do virillo, ou "facerlle o cimo ao nabo", bon... á nabiza, ou vaia.. á pranta en si.
     E cando ves as hortas amareladas polo marzo e abril, pois son polas frores das crucíferas estas, antes de dar a semente nunhas vaiñas coma xudías, e daí sae a nabiña. E volta a empezar.



Entón temos que a pranta ésta da catro froitos ou aproveitamentos: nabo, nabiza, grelo (e flor ... porque a beleza tamén aproveita)

 
Ondiá, entón xa non é a Trinidade Galega, é CUATRIBANDA!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario