domingo, 28 de xuño de 2015

Letra do NABO NABIZA GRELO

XA que a xente a está a empezar a cantar por aí, esta é a versión oficial"

Aquí estamos os galegos,
para loubar a esta hortaliza,
¿que faría o noso pobo,
sen semente de nabiza?

NABO NABIZA GRELO, Nabo Nabiza Grelo, Nabo Nabiza Grelo, ESE É O GRAN SEGREDO
GRELO NABO NABIZA...2   e 3 .... é o segredo da Galiza
GRELO NABIZA NABO,..  2 e 3 ... é un segredo do carallo

Esta é nosa tradición,
do noso campo galego,
 é coma una relixión..
 o nabo-a-nabiza-e-o grelo
NABO NABIZA GRELO...
A nosa flor da nabiza
 ten o campo amarelado,
cando lle florece o grelo,
´´e que está contento o nabo
NABO NABIZA GRELO...
Que festa facer o caldo,
 comer a lacoada,
cantan garbanzo e chourizo,
 baila o grelo coa pataca.
NABO NABIZA GRELO
Esta é nosa economía,
 da fame nos vai quitar,
 non teremos gasolina,
pero si industria nabal...
NABO NABIZA GRELO... ou cimo..

No Chiringuito dos Castros -Ribadeo 27 sábado

Estivemos na inauguración de verán do Chiringuito dos Castros, con Diego, Tere, Gerardo, Esteban e compaña, graciñas por invitarnos.
Bo ambiente, cervexa fresca, pulpo e churrasquiño.
A carpa jaima case parece Ibiza ...

Tivemos una tarde de sol, que tiraba o nordés, e quedou una noite estupenda para compartir.

Xa nas probas de son tivemos a un youtuber de 7 anos, que sabediós!


O repertorio vai mallándose, pero como todo depende do público, podedes vir a máis actuacións porque nunca nunca vai ser igual. O flamenco non se descarta, anque a Troba vai trovar a 4 voces, e vai a haber enerxía a eito


Saúde,e  viva a Mariña Lucense!

O Nabo nabiza grelo sae de Festival Celta


Da man da nosa amiga Vanesa e de Josito, o Nabo Nabiza Grelo colle vida propia, disposto a facer mover o cú a quen queira báilalo.

Esto será en Bogo, o 3 e 4 de xullo, cando nós estaremos nas Pontes...

Subiremos fotos, que nolas han mandar

xoves, 18 de xuño de 2015

DE LEA EN FONMIÑA


(si señor@s, o Simón está tocando unha GAITA DE PALLA)


 
 
E Sara, de Lea, tocando o pandeiro feito por ela
ESto foi no ENCONTRO DE XOGOS POPULARES DE XOTRAMU en Muimenta, onde empezamos o ano pasado a facer gaitas de palla, pallóns, frautas de cana,  e Bugallos ocarina




Xuntamonos en Muimenta
unha tropa de carallo
pra furar unhes bugallos
temos boa ferramenta
pra facer un bo burato
ai lalelo ai lalelo,,,

Onde din que nace o Miño
comencei esta tonada
pra cantar nas foliadas
foi na beira do camiño
argallando cunhas pallas


mércores, 17 de xuño de 2015

O ANTROIDO



O Antroido... remata..
O Antroido... xa escapa
AI o Antroido, Ai O Antroido
Ai o antroido.... XA BEN FOI

Comezamos por Luguiño
case non vimos disfraces
rematamos en CHantada,
con volantes, bos rapaces

Estivemos en Riós
e tamén en Vilariño
lástima que nos chove
e houbo que botarse ao viño

En VErín con Michael Jackson
E tamen coa Duquesa
Todo o mundo resucita
se o Antroido lle interesa

Xesucristo estivo en Xinzo
en gayumbo-palestina
e un cura peseteiro
casou aos noivos da Pita


MOZA LUCENSE


PONTE A BAILAR MOZA LUCENSE

Eu saín con un feixe de pallas
sen saber o que ía pasar
iso foi un domingo das mozas
un fin de FEsta de SAN FROILAN

Comecei o día de terrazas
cañas na praza da Soedá
achegueime ata a praza do Campo
alí vin ás rapazas bailar

Ponte a bailar, ponte a bailar MOZA LUCENSE
Ponte a bailar, que che vou tocar
Unha canción feita cunha gaita de palla
feita na choiva de San Froilán

mércores, 3 de xuño de 2015

Cita co Grelo

A Troba DO Bugallo vai estar o día 4 por As Pontes no festival musical invitad+s pola organización.

Imos tocar en RE e SOL, polo cal está garantizado que reine o bo tempo

.. e SI... había grelos na Idade Media, anque non existisen os premios eMI.