domingo, 28 de xuño de 2015

Letra do NABO NABIZA GRELO

XA que a xente a está a empezar a cantar por aí, esta é a versión oficial"

Aquí estamos os galegos,
para loubar a esta hortaliza,
¿que faría o noso pobo,
sen semente de nabiza?

NABO NABIZA GRELO, Nabo Nabiza Grelo, Nabo Nabiza Grelo, ESE É O GRAN SEGREDO
GRELO NABO NABIZA...2   e 3 .... é o segredo da Galiza
GRELO NABIZA NABO,..  2 e 3 ... é un segredo do carallo

Esta é nosa tradición,
do noso campo galego,
 é coma una relixión..
 o nabo-a-nabiza-e-o grelo
NABO NABIZA GRELO...
A nosa flor da nabiza
 ten o campo amarelado,
cando lle florece o grelo,
´´e que está contento o nabo
NABO NABIZA GRELO...
Que festa facer o caldo,
 comer a lacoada,
cantan garbanzo e chourizo,
 baila o grelo coa pataca.
NABO NABIZA GRELO
Esta é nosa economía,
 da fame nos vai quitar,
 non teremos gasolina,
pero si industria nabal...
NABO NABIZA GRELO... ou cimo..

Ningún comentario:

Publicar un comentario