mércores, 17 de xuño de 2015

O ANTROIDO



O Antroido... remata..
O Antroido... xa escapa
AI o Antroido, Ai O Antroido
Ai o antroido.... XA BEN FOI

Comezamos por Luguiño
case non vimos disfraces
rematamos en CHantada,
con volantes, bos rapaces

Estivemos en Riós
e tamén en Vilariño
lástima que nos chove
e houbo que botarse ao viño

En VErín con Michael Jackson
E tamen coa Duquesa
Todo o mundo resucita
se o Antroido lle interesa

Xesucristo estivo en Xinzo
en gayumbo-palestina
e un cura peseteiro
casou aos noivos da Pita


Ningún comentario:

Publicar un comentario